RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pedro Sánchez pide humildade na súa presentación: "En Segunda pode gañarte calquera equipo"

Pedro Antonio Sánchez Moñino (Aspe, Alacante, 12 de decembro de 1986) foi presentado esta mañá como novo xogador do Real Club Deportivo para as dúas próximas temporadas.

O futbolista valenciano pousou en primeiro lugar para os medios gráficos coa camiseta branquiazul no campo 1 da cidade deportiva.

A continuación, pasouse pola sala de prensa, acompañado polo Director Deportivo, Carmelo del Pozo.

Confesou Pedro sentirse "moi contento e ilusionado por estar neste gran Club. Agora empeza a rodar o balón que é o que importa".

Tivo claro o novo atacante branquiazul que "cando chámate un equipo como o Deportivo impresiónache e ilusiónate para demostrar todo o que ti tes, e poder darllo a este Club".

É máis, di que o Dépor "é o Real Madrid da Segunda División. Este Club por dentro e por fóra impresionoume os 4 días que levo aquí. Encantoume tanto a min como á miña familia. Iso hai que devolverllo con traballo, moita humildade e moita ilusión para poder conseguir este obxectivo".

Ademais, ten claro que esa condición de equipo grande en LaLiga 1|2|3 non leva ningunha presión: "Pásolla a outros. Eu non teño presión".

Recoñece que "todos os que estamos neste vestiario temos o obxectivo moi claro. Hai que ir paso a paso. Isto é moi difícil. Temos que ter os pés no chan. Imos ir amodo, sabendo cada un o que temos que facer".

Pon como exemplo ao Granada, o seu equipo da pasada temporada tamén recentemente descendido de Primeira: "Foron pequenos detalles que determinan estar arriba ou loitar por nada. Tiñamos un bo cadro por xogadores e por todo. Ao final por circunstancias do fútbol, a Segunda División faite non estar a pelexar cos mellores".

Pide por esta motivo "tranquilidade. Sabendo que isto é moi longo, ir pasiño a pasiño. Apertando os dentes a tope".

Lembra que a Segunda División "non é igual que a Primeira. En Segunda pode gañarte calquera equipo. Por iso hai que ter humildade e saber a que campo vas".

Cre fundamental "valorar onde estamos para poder conseguir o mellor de cada un; e estar o máis positivos cada un porque nos vai a axudar".

Incide en que é unha categoría "moi longa e moi difícil. Vai haber momentos bos e malos. Oxalá me equivoque e sexa todo bonito, pero é moi difícil iso. Hai que ter unha regularidade para tentar nos últimos 10 partidos estar a pelexar por arriba, ou polo playoff. Esperemos poder cumprilo".

No persoal, defínese como un futbolista "con moita humildade, moito traballo, sacrificio. Vou dar o máximo de min para que o equipo poida conseguir esa vitoria domingo após domingo".

Finalmente, parécelle a Pedro Sánchez "sensacional" o feito de que o equipo almorce e coma cada día xuntos nun comedor habilitado para iso na cidade deportiva: "Paréceme unha idea incrible, súper boa porque á vez nos coñecemos moito máis, estamos máis preto uns doutros; e iso agradécese á hora de competir cada domingo".