RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Peke incorpórase mañá venres á concentración da selección española feminina

O gran papel de Peke no Deportivo ABANCA durante a pasada temporada, no debut do equipo deportivista na Primeira Iberdrola, tivo premio.

Así, a dianteira branquiazul, unha das goleadoras da máxima categoría do fútbol nacional, foi citada por España para medirse a Moldavia en partido clasificatorio para a Eurocopa de Inglaterra 2022.

Peke viaxa mañá venres 11 de setembro á concentración da selección na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid), onde permanecerá concentrada até o xoves 17 de setembro.

O encontro disputarase o sábado 19 ás 19:00 (hora local, 18:00 en España) no Estadio Zimbru en Chisinau.