RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pelexado triunfo do Dépor ABANCA en Mareo ante o Sporting de Gijón

- Foto: @RealSporting -

O Dépor ABANCA tivo que pelexar até o último minuto para gañar o seu partido en Mareo ante o Sporting de Gijón (3-4), correspondente á 6ª xornada no grupo 1 da Segunda División Nacional.

Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino foron as autoras dos goles branquiazuis. Esta última estreouse como anotadora após debutar no equipo a pasada semana.

Con este marcador, o Dépor ABANCA suma 16 puntos na segunda posición da táboa. O Oviedo Moderno, líder, alcanza os 18 puntos.

A primeira parte, á que se chegou con empate (1-1) foi igualada e con poucas ocasións de gol.

Tralo descanso, o Dépor ABANCA abriu oco con 2 tantos de Michelle Romero e outro de Alba Merino de penalti cometido sobre ela mesma. Foron os mellores momentos das branquiazuis, que desperdiciaron mesmo algunha ocasión máis.

Pero o Sporting non se rendeu e volveu meterse no partido con outros 2 tantos na recta final; que no entanto foron insuficientes porque os 3 puntos veñen para A Coruña.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Laura, Miriam, Érika, Iris, Teresa, Michelle Romero, Kika, Peke e Gaby. Tamén xogaron: Alba Merino, Nuria e Lía.

A próxima fin de semana, o equipo que prepara Manu Sánchez recibe en Abegondo ao Gijón FF.

A temporada transcorre así para o Deportivo ABANCA:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - PM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Erika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)