RCD / NOVAS

Pendentes da evolución das molestias que sufriu onte Adrián

11/01/2018 13:38

Os Servizos Médicos agardarán ao adestramento de mañá venres no Estadio ABANCA-RIAZOR para saber se Adrián está en disposición de ser convocado para o partido deste sábado ante o Valencia (20:45 horas, Bein LaLiga), en partido da 19ª xornada de LaLiga Santander.

O atacante asturiano retirouse onte ao vestiario antes que os seus compañeiros a consecuencia dunhas molestias na zona inguinal esquerda. Esta mañá, tivo tratamento médico e de fisioterapia.

O único futbolista, a día de hoxe, de baixa médica é Fede Cartabia, que segue co seu proceso de readaptación deportiva.

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista:

Máis novas de: ADRIÁN