RCD / NOVAS

José Luis Martí, novo adestrador do Deportivo

08/04/2019 13:10

José Luis Martí Soler (Palma de Mallorca, 28 de abril de 1975) converteuse este mediodía en novo adestrador do Real Club Deportivo.

Exfutbolista profesional, Martí comezou a súa andaina nos bancos meses despois da súa retirada dos terreos de xogo con 40 anos, dirixindo durante dúas temporadas e media ao CD Tenerife, para acumular un total de 108 partidos en LaLiga 1|2|3.

Antes, como centrocampista, defendera as camisetas de Mallorca, Tenerife, Sevilla e Real Sociedad, acumulando case 700 partidos na elite e catro títulos no seu palmarés: Copa do Rei, Copa da UEFA e as supercopas de España e Europa, todos eles co Sevilla FC.

O técnico balear será presentado esta tarde no Estadio ABANCA-RIAZOR e dirixirá mañá en Abegondo a súa primeira sesión de traballo á fronte do Real Club Deportivo para preparar o choque que deberá afrontar no seu debut no banco branquiazul, o sábado ás 18:00 h. no Sadar (Movistar Partidazo), contra o CA Osasuna.

Máis novas de: MARTÍ