RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel cita a 19 futbolistas para recibir ao Betis

O Deportivo citou a 19 futbolistas (entre eles 3 porteiros) para recibir mañá mércores 8 de marzo ao Betis (18:45, Bein Sports), en partido pertencente á 21ª xornada que foi aprazado no seu día polo temporal de vento e choiva que azoutou Galicia a principios de febreiro. A novidade respecto ao pasado fin de semana é o regreso de Bruno Gama, ausente en Xixón.

No adestramento desta mañá, despois dun quecemento e uns rondos, Pepe Mel insistiu nos remates a portería. Un partido a tres cuartos de campo, con ensaio de accións de estratexia e lanzamento de faltas, puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

O equipo concéntrase mañá mesmo mércores pola mañá para comer no Hotel Meliá María Pita. Tras o encontro ante o Betis, os futbolistas convocados cearán xuntos tamén no hotel, co fin de favorecer a recuperación física cara ao encontro deste domingo 12 de marzo en Riazor ante o FC Barcelona (16:15, Bein Sports).