RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel coida o aspecto táctico do Dépor

O Deportivo realizou esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo a única sesión prevista para hoxe venres 21 de xullo.

A mañá, cos fabrilistas Edu Expósito e Francis, arrancou nun dos ximnasios do complexo deportivista, cun traballo preventivo.

A continuación, e xa sobre o céspede do campo 2, Pepe Mel subliñou aspectos tácticos. Para iso, dispuxo dun partido once contra once a campo completo. O técnico branquiazul parou constantemente o xogo para repartir instrucións aos seus futbolistas.

Para concluír, o equipo exercitou a presión nuns rondos; e un circuíto de velocidade e resistencia puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Adestráronse á marxe Gerard Valentín e Carles Gil, cunha sobrecarga leve de adductores.

Mañá sábado, o cadro está citado de novo en Abegondo a partir das 10:00 horas.