RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel e Luisinho advirten de que o Dépor "está en construción"

Pepe Mel subliñou na sala de prensa do Estadio do Dragão do Porto que o Dépor é "un equipo que está en construción. Non ten nada que ver co FC Porto, que está xa feito, ten máis ritmo que nós. Vén de xogar unha xira en México. É un equipo moi bo, forte arriba, con velocidade. Apertounos arriba, non nos deixou xogar".

Apunta que o resultado "é o que é. Non se pode cambiar". No entanto, advirte que "os dous últimos goles afean un pouco o noso partido".

Incide o técnico deportivista en que "temos un problema na dianteira, non temos máis. Estamos en construción e esperamos que para o 20 de agosto, que é o noso inicio de liga, o equipo estea moito mellor sen dúbida".

Así mesmo, Luisinho, portador do brazalete de capitán en O Dragão, coincide na zona mixta con Pepe Mel en que "estamos en construción. Son partidos que queremos gañar pero o rival que temos diante é un rival bastante diferente. Competimos ata o máximo pero fáltanos moito tempo para empezar a liga e aí imos estar preparados".