RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel: "Está ben que fallemos os penaltis, pero que nolos deixen tirar"

Pepe Mel lamentouse en rolda de prensa de "dous penaltis clarísimos que non che pitan. E cando Mariano se infla a dar patadas e a nós a primeira que damos é cartón, e a eles non".

Insiste en que a xogada de Ola John na área sevillista e con 3-2 no marcador, "é de escándalo. Está ben que fallemos os penaltis, pero que nolos deixen tirar".

Iso si, "dito todo isto, o mea culpa témolo que entoar. A falta de sete partidos temos que ser máis homiños. Non nos poden meter dous goles a balón parado. O terceiro gol é de risa, remontáronnos dúas veces, nun campo como este, nunha situación tan adversa. Non pódenche meter gol nunha falta lateral, porque nos estamos xogando moito. Aí temos que ser máis fortes, ter máis oficio", engade.

En consecuencia, Pepe Mel xa mira para o sábado 15 de abril en Riazor ante o Málaga (13:00, Bein Sports): "O que necesita o equipo é buscar solucións. Este partido é pasado".