RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel: "Mañá imos necesitar á nosa xente, imos necesitar que nos apoien"

Pepe Mel manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "a temporada, acabe xa como acabe, obviamente esperemos que acabe ben, entendendo por ben que o Dépor estea en Primeira a temporada que vén, creo que non é para que ninguén estea orgulloso nin contento, empezando por min mesmo".

Cre que "aínda que vaia a facer só 15 partidos, non é para estar contentos. Eu tamén quería moito máis. Non estou contento co rendemento que estou a lograr sacar. Despois do arranque esperaba máis".

Subliña "con todo o respecto do mundo" que "ao futbolista hai que tentar darlle ánimos mentres está a traballar, mentres está no terreo de xogo. E logo, cada un que mostre a opinión que queira. Mañá imos necesitar á nosa xente, imos necesitar que nos apoien, porque temos un rival moi complicado. Pero mañá e o seguinte partido que xogamos en Riazor, e o último que xoguemos contra Las Palmas".

Unha vez que finalice a temporada, advertiu que "todos os profesionais da casa, enténdase todos os profesionais da área deportiva, a secretaría técnica, o corpo técnico, temos que tentar que o ano que vén a nosa xente goce do seu Dépor".

Mañá ante o Real Madrid (21:30, Movistar Partidazo), ten previsto Pepe Mel "un mínimo de catro cambios" no once inicial respecto ao encontro do pasado domingo en Anoeta ante a Real Sociedad: "Debemos de refrescar o equipo. Porque nós, como os demais, temos tres partidos nunha semana. Sería ilóxico xogalos co mesmo once. Sobre todo por calidade física".

Insiste en que o equipo non ten falta de actitude, porque "corre máis do que debe, e os números están aí. O equipo corre moito, pero corre mal, porque corre cando non debe de correr. Perdemos a pelota con demasiada facilidade. Moita vantaxe para o rival e iso é o que temos que tentar mellorar. Non é cuestión técnica. Están capacitados dabondo para esta categoría. É cuestión de posición, dunha ruta que lles debo marcar eu".

Pepe Mel asegura que o equipo sairá mañá a gañar: "Só pensamos en tres. Sabemos o rival que temos enfronte. Sabemos que a eles tamén só válelles tres. No noso campo, ante a nosa xente, temos que dar un plus de moitas cousas".