RCD / NOVAS

Pepe Mel mostrouse "satisfeito en xeral" e Tony Pulis agradece a invitación ao trofeo

05/08/2017 23:33

Tras a LXXII edición do Trofeo Teresa Herrera, Pepe Mel subliñou na sala de prensa que "cando fomos once contra once toda a iniciativa levámola nós. Coñezo ben a este rival, sei que defende moi ben. Están moi xuntiños, son moi rochosos, moi fortes. Sabía que era unha boa proba para ver se eramos capaces de romper liñas, mover rápido o balón. Quizais niso é no que estivemos un pouco peor. Temos que mellorar tamén nesa parcela. O balón ten que ir máis rápido".

O técnico branquiazul concluíu que está "satisfeito en xeral polo traballo, polas intencións, por levar o peso do partido todo o intre nós. Sempre é bo no noso primeiro partido en casa, ante a nosa xente, gañar. Máis aló de que logo fomos once contra dez, fomos mellores".

Pola súa banda, Tony Pulis, adestrador de West Bromwich Albion, subliñou que a "expusión foi un lastre no partido. A partir de aí, os demais xogadores estaban un pouco tensos".

Agradeceu a invitación para o trofeo decano do fútbol estival español: "Encantounos vir aquí, a esta cidade tan bonita, con xente moi amigable".

Máis novas de: PEPE MEL