RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel: "Necesitamos a axuda de todos, incluída a do público de Riazor"

Pepe Mel manifestou esta mañá na sala de prensa de Riazor que, tras a derrota sufrida o pasado domingo en Mestalla, "o vestiario está ben. Xa desde que nos montamos no avión en Valencia, fomos falando deste partido, do que iamos querer facer, do que iamos tentar, de como tentar facer dano ao Granada. E ata o día de hoxe".

O técnico deportivista advirte que ao Granada, rival mañá mércores 5 de abril en Riazor (20:30, Bein Sports), "respectámolo como un equipo que non lle están saíndo as cousas ben pero ten o fundamental para facernos dano. Necesitamos a axuda de todos, incluída a do público de Riazor. Pídolles, aínda que sei que é gratuíto porque o van a facer, ese alento que van necesitar os xogadores para que esteamos 90 minutos martilleando a portería, e non cejar no empeño ata que pite o árbitro porque queden o tres puntos aquí".

Nesta liña, avisa que "temos que saír desde o minuto uno, desde que pita o árbitro, sabendo que é o partido, o partido que nos pode dar unha tranquilidade tremenda. Os xogadores como tal o van tomar".

É máis, reitera que "gañando ao Granada temos as opcións de quedar en metade da táboa. Que seguiría sendo un espazo que non nos corresponde, porque eu son agresivo nas miñas formulacións. Xa llo dixen ao Presidente, a miña idea de futuro do Dépor non é a do sufrimento senón o gozar do día a día e das fins de semana. Así que deles depende, de onde queren estar. Estou seguro que me entenderon e onde queren estar é tres ou catro postos máis arriba".

Non fala de final o choque de mañá para o Deportivo: "Non é unha final para o Dépor, pero se cadra para o rival si. Por tanto ten moito perigo para nós o partido. Pedinlle aos meus futbolistas que a intensidade hai que igualala. Non podemos ir un paso atrás deles, porque se non non podemos gañar. A intensidade que poña o Granada nós témola que igualar como mínimo".

Mel repite unha mensaxe que lanzou desde a súa primeira rolda de prensa na Coruña: "Non concibo un Dépor metido en problemas. Este Club non está deseñado para iso, está para outras cousas. Ao cadro xa lle dixen. Merece estar onde está porque a realidade do fútbol non engana. Pero creo que teñen argumentos para outras cousas".