RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel: "O equipo mellorou e quédanos un punto"

Pepe Mel, na sala de prensa de El Sadar, queda co positivo do empate final a dous goles ante Osasuna: "O equipo mellorou e quédanos un punto".

O técnico deportivista confesou que ao chegar ao vestiario despois do encontro "como adestrador felicitei aos xogadores e díxenlles que nos temos que preparar ben para o Espanyol".

Engade que "hoxe vin que quixeron xogar, tiveron un plan, quixeron facer as cousas, levantamos un resultado nun partido tan crucial como este que se nos puxo adverso en minuto 4. Fixeron os futbolistas o que eu lles pedín".

Aos afeccionados, Pepe Mel recoñece que "ninguén hai máis descontento que nós". Iso si, asegura que "se ven o partido fríamente non se lles pode reprochar nada aos futbolistas, salvo dúas xogadas a balón parado".