RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel: "O meu agradecemento e o agradecemento de todos os futbolistas cara á afección"

As primeiras palabras de Pepe Mel na sala de prensa do Estadio de la Cerámica, minutos despois de certificar a permanencia, foron para a afección deportivista: "En primeiro lugar darlle as grazas á afección que veu, á afección que está na Coruña. Desde que eu cheguei arroupáronnos en momentos críticos, en momentos moi malos, en momentos en que o fixemos moi mal. E sempre estivo aí. Por tanto o meu agradecemento e o agradecemento de todos os futbolistas cara á afección".

O técnico deportivista mostrou a súa satisfacción por lograr a permanencia "polos nosos propios méritos. Fixemos moitas cousas para empatar, poucas para gañar porque nos custou moito atacar. Conseguimos o punto polos nosos méritos, fixese o Sporting o que fixese".

Confesou tras consumarse a continuidade en LaLiga Santander, "sentir polo que a min respecta e ao corpo técnico moita paz, tranquilidade de cumprir o obxectivo que nos mandaron. Pero somos ambiciosos. Estar no Dépor só pode ser un Dépor que mire á clasificación con máis soltura".