RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel opina que gañar mañá supón que "o afeccionado crea e levante a cabeza"

Pepe Mel lembrou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "en Primeira División todos os equipos son moi competitivos. Teñen que baixar tres. O que hai que facer nesta situación o Deportivo é deixar tres debaixo del. E a partir dese momento, o que si che digo é que o Deportivo se ten que empezar a cuestionar ambicións moito maiores. Creo que este Club, esta entidade, ten que estar noutras situacións".

Se o Dépor é capaz de conseguir unha vitoria mañá domingo 5 de marzo no Molinón (12:00, Bein Sports), sería, a xuízo do técnico deportivista, "reafirmarnos en todo o bo do xoves; conseguir unha vitoria é que a xente vexa as cousas con optimismo, e cando digo a xente refírome ao deportivismo en xeral; conseguir unha vitoria é que o afeccionado crea e levante a cabeza; conseguir unha vitoria é pensar noutras cousas para un Club como este".

Iso si, non gañar en Xixón, sería "deixar de estar nese momento que tivemos desde que acabou o partido ante o Atlético de Madrid, sería volver aos inicios".

Aínda que dixo que é "absurdo" queixarse, opina Pepe Mel que "non ten moito sentido que no noso próximo partido (mércores 8 de marzo en Riazor, 18:45, Bein Sports) o rival (Betis) teña dous días máis de descanso. Son cousas que tes que aceptar e non fixarche nelas".