RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel pide mañá ante o Alavés "sangue frío e xogar coa cabeza"

Pepe Mel espera mañá mércores no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Alavés (21:00 horas, Gol) un partido "de nervios, porque no fútbol profesional as urxencias veñen rápido. Na 5ª xornada, quedarían 33, xa veñen urxencias, cesamentos, veñen as présas por facer as cousas ben. Eu iso non o discuto. Isto é así. Espérome un partido con nervios. Espero que teñamos a temperanza de non esquecernos que isto é un partido de fútbol. O que mellor faga as cousas xeralmente ten máis posibilidades de conseguir puntos".

Insiste en que "os dous equipos necesitamos gañar. Esperemos que nós teñamos máis sangue frío, saibamos amornar o pulso e xogar coa cabeza, que é o que temos que facer. O corazón está moi ben pero a cabeza é a que manda".

Advirte o adestrador branquiazul que "temos que poñer a intensidade que require un partido así. Non podemos regalar nada".

Preguntado pola celebración do gol do pasado sábado en Sevilla de Fede Cartabia, abrazando ao técnico deportivista, este opina que "demostra a día de hoxe que o Deportivo en canto a vestiario refírese estamos xuntos e é unha familia. Os resultados necesitámolos porque todo o mundo adestra mellor se as cousas están ben".

Ten claro cal é o problema do equipo: "Nós encaixamos moitos goles. Un equipo que encaixa os goles que encaixamos nós tense que ir a final de Liga a 70 goles a favor. Esa é a sangría que temos que parar entre todos". "Temos que ser defensivamente mellores. Logo hai pequenos detalles que no fútbol son grandes e fanche perder puntos. Por exemplo en Sevilla temos 4 contras espectaculares e eliximos mal. Guardado tivo unha, deu un pase xenial e gañou o partido. A única que o Betis tirounos a gol", engade.