RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel: "Se non acertas nas dúas áreas, o normal é perder"

Pepe Mel manifestou na sala de prensa do RCDE Stadium, que o 4-1 non reflicte "o partido que se desenvolveu. Nós tivemos fases de bo xogo, con achegamentos e ocasións de gol".

Neste sentido, apunta que co 2-1, "escoitei asubiar. Imaxino que sería ao seu equipo, non a nós. Iso significa cousas. É certo que co 3-1 acabaron facendo a onda. Pero o fútbol son sensacións, son momentos e nós perdemos o noso con non acertar as ocasións que tivemos, co 2-0, co 2-1 e errando en accións puntuais nos goles".

Cre que o penalti que supuxo o 3-1 "cortou a reacción clarísima que debedes recoñecer tivo o equipo, cun inicio de segundo tempo bastante bo, co gol, con outras ocasións que non fixemos. Co penalti deixamos de crer".

Dito isto, recoñece que un equipo que "na xornada 6 leva 14 goles en contra, está claro onde temos o problema. Máis aló de que fallásemos ocasións de gol. Se non acertas nas dúas áreas, o normal é perder. E se encima non acertas na túa propia, todo complícaseche moito máis".

Preguntado polo seu futuro, Pepe Mel opina que "un adestrador sempre está co tema do posto. Aquí o que importa é o hoxe. O hoxe foi este. Xa importa o mañá. Eu ocúpome do que depende de min, do que podo solucionar eu".