RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel: "Tivemos moitísimos problemas co balón nos pés"

Pepe Mel asegurou na sala de prensa de Anoeta que "tivemos moitísimos problemas co balón nos pés. Temos que traballar o xogo asociativo porque roubar ti o balón e que o primeiro pase llo deas a un rival penalízanos, mátanos".

O técnico deportivista advirte que "o culpable son eu. Temos que buscar argumentos para darlle a solución aos futbolistas no campo, para que cando teñamos a pelota haxa sempre dúas ou tres liñas de pase".

Pon como exemplo que "futbolistas como Kakuta ou como Emre recibían sempre o balón de costas, en malas posicións. É algo que temos que traballar".

Non ve Pepe Mel un problema de actitude: "É un problema de concepto. Ti xogas contra un gran rival, calquera desta división. Se ti non tes un xogo asociativo o suficientemente bo para que cando teñas a pelota que che dure nos pés, pór aos teus mellores futbolistas en disposición de saltar liñas, en disposición de chegar á área do rival, vas xogando só en defensa, quedas ao bordo da túa área".