RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Perdi e Estefi transmitiron as súas experiencias no deporte aos alumnos do Fogar de Santa Margarita

María Gordo Perdiguero 'Perdi' e Estefanía Pabst Fernández 'Estefi', xogadoras do Deportivo Abanca, visitaron esta semana o Fogar de Santa Margarita, onde mantiveron un encontro cos alumnos de 3ºB, nunha iniciativa enmarcada nun programa de actividades deseñado para traballar un tema fundamental como a igualdade e que pretende dar visibilidade ao deporte feminino, no que o RC Deportivo colabora con este colexio.

Estefi, máxima goleadora da primeira temporada da historia do Deportivo Abanca con 30 goles, falou cos alumnos sobre a súa gran paixón, o fútbol. A dianteira nada en México relatou como foi o longo percorrido desde que se iniciou neste deporte ata que chegou a formar parte dun equipo como o Dépor Abanca.

Os alumnos realizaron decenas de preguntas tanto a Perdi como a Estefi nun encontro que xa tiña un precedente na semana anterior coa xogadora abulense e que se repetirá en datas vindeiras entre alumnos do Fogar de Santa Margarita e xogadoras do Deportivo Abanca.