RCD / NOVAS

Peru Nolaskoain representará ao Dépor no Trofeo Benéfico Carranza de FIFA20

26/03/2020 16:40

O futbolista do Dépor Peru Nolaskoain será o representante do Club no I Trofeo Carranza de eSports que arrinca mañá coas eliminatorias previas. Polo sorteo realizado para poder comezar o cadro eliminatorio en oitavos de final, o Dépor será un dos Clubs que teña que disputar ese emparellamento previo. O azar cruzouno ademais co CD Lugo, polo que o fútbol galego perderá un representante ao primeiro de vez.

O I Trofeo Carranza, do mesmo xeito que o orixinal cando naceu en 1955 (ou o Teresa Herrera 10 anos antes), faino cun fin solidario: a loita contra o COVID-19. É por iso que este campionato, que se verá de maneira gratuíta nas diferentes redes, terá habilitada a opción de doazón. Todo o recadado será doado ao Ministerio de Sanidade. As doazóns poden realizarse na dirección https://www.gofundme.com/f/trofeo-carranza

Todos os equipos de LaLiga SmartBank aceptaron a invitación cursada pola organización. Ademais procedeuse ao sorteo dos emparellamentos que arrincarán o venres 27, cunha rolda previa, e continuarán desde o sábado 28 de marzo e até o venres 3 de abril.

Realizarase un torneo de FIFA20 onde un xogador do primeiro cadro representará ao seu club, nunha eliminatoria a partido único cunha duración de 10 minutos cada parte.

Os xogadores confirmados son:

Lazo (Almería)
Manu Hernando (Racing)
Fali (Cádiz)
Kirian (Las Palmas)
Pedro Díaz (Sporting)
Barri (Albacete)
Fullana (Ponferradina)
Seku (Fuenlabrada)
Luis Milla (Tenerife)
Peru (RC Deportivo)
Hugo (Lugo)
Pastrana (Extremadura)
Josema (Elche)
Antonio (Mirandés)
Luis Suárez (Real Zaragoza)
Cristo González (Huesca)
Martín Pascual (Rayo)
Curro (Numancia)
Málaga (Iván Jaime)
Carlos Hernández (Real Oviedo)
Valery (Girona)
Ernesto (Alcorcón)

As roldas previas terán os seguintes horarios:
• Almería vs Girona, venres 20:00 h.
• Albacete vs Real Oviedo, venres 20:20 h.
• Fuenlabrada vs Tenerife, venres 20:40 h.
• Deportivo vs Lugo, venres 21:00 h.
• Mirandés vs Málaga, venres 21:30 h.
• Numancia vs Alcorcón, venres 22:00 h.

O sábado arrincan os oitavos de final con estes enfrontamentos e horarios:
• Almería/Girona vs Racing de Santander, sábado 20:00 h.
• Sporting vs Cádiz, sábado 20:30 h.
• Las Palmas vs Albacete/Real Oviedo, sábado 21:00 h.
• Ponferradina vs Fuenlabrada/Tenerife, sábado 21:30 h.
• Deportivo/Lugo vs Extremadura, domingo 20:00 h.
• Elche vs Mirandés/Málaga, domingo 20:30 h.
• Zaragoza vs Huesca, domingo 21:00 h.
• Rayo Vallecano vs Numancia/Alcorcón, domingo 21:30 h.

Os cuartos de final disputaranse luns e martes ás 20 e 20:30 h. As semifinais, mércores e xoves ás 20:00 h. E a Gran Final o venres ás 20:00 h. O vencedor recibirá unha réplica en miniatura do orixinal Trofeo Carranza.

Máis novas de: PERU NOLASKOAIN