RCD / NOVAS

Pistoletazo de saída mañá xoves para o Deportivo ABANCA B

31/07/2019 13:08

O Deportivo ABANCA B inicia mañá xoves 1 de agosto a pretemporada, a partir das 19:00 horas en Abegondo.

O conxunto deportivista, ascendido ao grupo 1º de Primeira Nacional, estará dirixido por Kevin Cabado, Adrián González (segundo adestrador) e Javier Domingo Suárez-Pumariega (delegado).

As futbolistas citadas, coa ausencia da internacional sub-19 Carlota, son as seguintes:

Porteiras: Jessica Carro e María Miralles

Defensas: Antía Delgado, Lara López, Laura Rivas, Sofía Rodríguez, Andrea Agulló, Sara Álvarez, Ainhoa Danis e Navia Rendo

Centrocampistas: Nuria Torres, Sara Piñeiro, Alba Suárez, Ana Bermúdez, Michelle Clemente e Patri López

Dianteiras: María Calvo, Lucía Lorenzo e Aroa Guerra

As demais datas de regreso a Abegondo dos equipos de #ANOSACANTEIRA son as seguintes:

- Fabril: Luns 15 de xullo ás 10:30
- Deportivo ABANCA B (Segunda División Nacional feminina): 1 de agosto ás 19:00
- Xuvenil A (División de Honra): Martes 23 de xullo ás 10:30
- Xuvenil B (Liga Nacional): Martes 30 de xullo ás 10:30
- Cadete A (División de Honra): Martes 30 de xullo ás 10:30
- Cadete B (Liga Galega): Luns 5 de agosto ás 10:30
- Infantil A (Liga Galega): Luns 12 de agosto ás 10:30
- Infantil B (Primeira Autonómica): Luns 12 de agosto ás 10:30
- Alevín A (Primeira Comarcal): Luns 2 de setembro ás 18:30
- Alevín B (Segunda Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30
- Benxamín A (Primeira Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30
- Benxamín B (Segunda Comarcal): Martes 3 de setembro ás 18:30