O Deportivo ABANCA B tivo unha cómoda estrea ligueira (0-8) en Antas de Ulla, en partido da 1ª xornada en Primeira Autonómica.
Patri López foi a gran protagonista, ao anotar 5 dos 8 goles branquiazuis. Alba Suárez e 2 futbolistas do Antas SD en propia meta redondearon un marcador que deixa ben clara a superioridade deportivista.
Deportivo ABANCA B: Jessi, Antía, Alba Martínez, Laura Rivas, Lara, Sara Piñeiro, Alba Suárez, Carlota, Michelle, Patri López e María Calvo. Tamén xogaron: Andrea, Bermúdez, Sofía, Ainhoa e Lucía.
A próxima fin de semana, o equipo que dirixe Kevin Cabado recibe en Abegondo ao Umia CF.