Plácido arranque de liga na Primeira Comarcal para o Benxamín A
O Benxamín A tivo un cómodo arranque ligueiro no grupo 2º da Primeira Comarcal A Coruña tras imporse (0-8) na 1ª xornada ao UD Xuvenil. Diego -2-, Íker -2-, Iago -2-, Eder e Leandro foron os autores dos goles.
Benxamín A: Rodri, Iago, Pablo, Íker, Mosquera, Eder, Nico e Diego. Tamén xogaron: Joel, Guille, Rilo, Anxo e Leandro.
O Atlético Arteixo A será o seguinte rival do Benxamín A, a próxima fin de semana.