O Real Club Deportivo pon en marcha o plan de compensación polo seis partidos da Temporada 2019/2020 que se xogan a porta pechada no Estadio ABANCA-RIAZOR. O Club compensará o 27% do prezo do carné aos seus socios. Para iso, ofréceselles aos socios que o soliciten a posibilidade de escoller entre cinco opcións.
Os abonados deberán facer a súa solicitude enchendo o formulario de elección que estará aberto na páxina: www.rcdeportivo.es/anosaforza/compensacion1920 até o 31 de xullo de 2020, onde deberán elixir a modalidade de compensación.
No caso de non recibir comunicación do abonado antes do 31 de xullo de 2020, inclusive, enténdese que renuncia á devolución do devandito importe para axudar ao Club a paliar os efectos económicos da pandemia, uníndose ao esforzo colectivo realizado por xogadores, técnicos e empregados. Automaticamente, todas esas renuncias converterán ao abonado en socio protector do Deportivo en caso de renovación para a Temporada 20/21, xa que acollerse á primeira das opcións propostas é o que máis e mellor axuda ao futuro económico e deportivo do Club.
Este prazo é, exclusivamente, para comunicar ao Club de maneira oficial a elección persoal de cada abonado, independentemente dos futuros prazos previstos para gozar de cada unha das compensacións xa que estes varían en función da elección.