RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Pleno de títulos na Coruña e sábado decisivo na Sella Cup para Deportivo ABANCA B e Alevín B

Cinco equipos de #ANOSACANTEIRA (Deportivo ABANCA B, Infantil A, Alevín A, Alevín B e Benxamín A) participan desde o pasado mércores 27 de xuño en 2 torneos amigables, un na Coruña; e o outro nas localidades asturianas de Arriondas, Ribadesella e Cangas de Onís.

Na 27ª edición do Torneo Internacional Cidade da Coruña, Trofeo Juan M. Iglesias Mato 'Palau' que concluíu hoxe, os tres representantes branquiazuis gañaron as súas respectivas categorías.

O Infantil A foi campión esta tarde sen encaixar un só gol nos 4 partidos disputados. Sergio Bernárdez foi o mellor xogador e Hugo Baldomar, o máximo goleador.

Os resultados do Infantil A foron os seguintes:

Primeira Fase
ORILLAMAR A 0 - INFANTIL A 4 (Hugo García, Hugo Baldomar, Álex González e Iván)
BERGANTIÑOS 0 - INFANTIL A 3 (Hugo Baldomar, Martín Burgos e Roque)

Semifinal
VICTORIA 0 - INFANTIL A 2 (Hugo Baldomar -2-)

Final
CALASANZ 0 - INFANTIL A 3 (Hugo Baldomar, Roque e Álvaro)

Onte xoves, a quenda foi para o Alevín A. O conxunto deportivista, do mesmo xeito que o mércores o Benxamín A, fixo valer a súa condición de campión galego e adxudicouse o torneo con solvencia.

Ademais, o capitán Dani Estévez foi nomeado mellor xogador.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
ORILLAMAR B 0 - ALEVÍN A 6 (Héctor, David -2-, Noe, Pablo e Almon)
ALEVÍN A 8 (Lucas -2-, Héctor -2-, David -2- e Pablo -2-) - SILVA SD 0
ALEVÍN A 10 (Dani -2-, Guerrero -2-, Héctor -2-, David -2-, Álvaro e Samu) - CD CALASANZ 1

Cuartos de final
ALEVÍN A 11 (David -3-, Pablo -3-, Noe, Héctor, Álvaro, Oreiro e Lucas) - CALASANZ 0

Semifinal
ALEVÍN A 6 (Héctor, David, Samuel -2-, Iván e Guerrero) - LUIS CALVO 0

Final
ALEVÍN A 5 (Almon -2-, Pablo e Lucas -2-) - XUVENTUDE OROSO 0

O primeiro en entrar en xogo na Torre foi o Benxamín A, que tamén logrou o título sen encaixar un só gol en 6 partidos. Ademais, o deportivista Mosquera foi elixido mellor xogador do torneo.

Os resultados do equipo que prepara Pablo Barros foron os seguintes:

Primeira Fase
ORILLAMAR C 0 - BENXAMÍN A 5 (Mosquera, Janusz, Anxo, Diego e Eder)
BENXAMÍN A 6 (Mosquera, Anxo, Guille, Janusz, Diego e Eder) - GALICIA DE MUGARDOS 0
BENXAMÍN A 9 (Anxo -2-, Raúl -2-, Guille, Janusz, Leandro, Íker e Diego) - CD CALASANZ 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 7 (Rilo -2-, Guille, Xabi, Anxo, Diego e Eder) - ORZÁN SD 0

Semifinal
ORILLAMAR 0 - BENXAMÍN A 8 (Íker -2-, Diego -2-, Balbas, Mosquera, Anxo e Leandro)

Final
BENXAMÍN A 1 (Anxo) - VICTORIA 0

Deportivo ABANCA B e Alevín B xogan mañá a Fase Final da Sella Cup 2018

O Deportivo ABANCA B e o Alevín B xogan mañá sábado a Fase Final de la Sella Cup 2018, un torneo que ten lugar nas localidades asturianas de Arriondas, Cangas de Onís e Ribadesella.

En categoría feminina, o Deportivo ABANCA B alcanzou as semifinais, que disputará ante o Oviedo (15:30).

O calendario do cadro deportivista, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 28 de xuño
DEPORTIVO ABANCA B 5 (Lara, Alba Martínez, María Calvo -2- e Patri) - UD LLANERA 1

Venres 29 de xuño
OVIEDO 1 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Lidia)
DEPORTIVO ABANCA B 4 (Sara Álvarez, Alba Suárez, María Calvo e Antía) - FEMIASTUR 0
DEPORTIVO ABANCA B 0 - ATLÉTICO DE MADRID 1

Sábado 30 de xuño
Semifinal
15:30: DEPORTIVO ABANCA B - OVIEDO, en Arriondas

Pola súa banda, o Alevín B clasificouse para os cuartos de final, que arrancarán ás 9:00 horas.

O calendario do equipo branquiazul, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 28 de xuño
EF ORIENTE 1 - ALEVÍN B 3 (Dani, Bruno e Eli)
ALEVÍN B 5 (Dani -2-, Marcos, Eli e Xenxo) - DÍNAMO GUADALAJARA 0

Sábado 30 de xuño
Cuartos de final
9:00: ALEVÍN B - LEALTAD