RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Pleno de triunfos a fin de semana en #ANOSACANTEIRA

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA concluíu hoxe domingo con 4 partidos lonxe da Cidade Deportiva, todos finalizados con triunfo branquiazul.

En Terceira División, o Fabril impúxose (0-2) ao CD Estradense. Os fabrilistas, en clara progresión, asíntanse cada xornada que pasa nas prazas de playoff de ascenso.

A maiores, Xuvenil A, Cadete B e Infantil A visitaron ao Real Oviedo (1-2), SCD Milagrosa (0-2) e Sálvora CF (0-8) respectivamente.

Onte sábado os 4 partidos, todos en Abegondo, tamén acabaron con vitoria deportivista: Deportivo ABANCA B (3-1), Xuvenil B (4-0), Cadete A (5-0) e Infantil B (7-0).

Finalmente, alevíns e benxamíns arrincaron na Torre a segunda fase da competición, nesta ocasión baixo o sistema de eliminatorias desde oitavos de final.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
12ª xornada: CD ESTRADENSE 0 - FABRIL 2 (Javi Sánchez e Pedro)

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 9ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 3 (Patri López, Sara Álvarez e Aroa) - ATLÉTICO AROUSANA 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 10ª xornada: REAL OVIEDO 1 - XUVENIL A 2 (Edu Taboada e Peke)

Liga Nacional, 10ª xornada: XUVENIL B 4 (Padín, Do Carmo e Nájera -2-) - VICTORIA CF 0

Categoría cadete
División de Honra, 10ª xornada: CADETE A 5 (Hugo Baldomar -2-, Diego Gómez -2- e Martín Ochoa) - BERGANTIÑOS CF 0

Liga Galega, grupo norte, 10ª xornada: SCD MILAGROSA 0 - CADETE B 2 (Marco Baña e Mardones)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 10ª xornada: SÁLVORA CF 0 - INFANTIL A 8 (Óscar -3-, Úbeda -2-, Juan Barros -2- e Lucas)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 10ª xornada: INFANTIL B 7 (Memet, Óscar -3-, Diego, Beade e Íker Gil) - ORILLAMAR SD 0

Categoría alevín
Promoción á liga Comarcal, oitavos de final: ALEVÍN A 11 (Anxo -3-, Lucas -2-, Rubén -2-, Íker, David, Xabi e Balbas) - CD CIUDAD 0

Eliminatoria de clasificación, oitavos de final, ida: ALEVÍN B 9 (Mauro -3-, Alberto -2-, Nico, Sergio, Ioan e Paulo) - CD CALASANZ F 1

Categoría benxamín
Promoción á liga Comarcal, oitavos de final: BENXAMÍN A 10 (José Quiroga -2-, Hugo -2-, Iago Lameiro, Nico, Iago Varela, Martín Forján, Pablo e Rodrigo) - SCD SAN CRISTÓBAL A 0

Eliminatoria de clasificación, oitavos de final, ida: BENXAMÍN B 12 (Yael -4-, Leo -3-, Thiago -3-, Mario e Hugo) - CD CALASANZ E 1