RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Pleno de triunfos nos partidos adiantados ao fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Un total de cinco equipos de #ANOSACANTEIRA adiantaron os seus partidos ligueiros a onte martes 5 e hoxe mércores 6, festividade da Constitución, debido á ponte da fin de semana.

Así, o Benxamín A gañou onte en San Tirso (2-9) e hoxe mércores fixérono o Xuvenil B (2-0), Cadete A (7-0), Cadete B (0-3) e Benxamín B (7-3).

Coa súa vitoria, o Benxamín A acaba esta primeira parte da competición como campión do grupo 2º da Primeira Comarcal A Coruña.

Os resultados desta primeira quenda de partidos ligueiros foron estes:

Categoría xuvenil
15ª xornada: XUVENIL B 2 (Jorge e Ernesto) - CONXO 0
Clasificación da liga Nacional: 1. Celta B, 35 puntos; 2. Victoria, 34 puntos; 3. Ural, 33 puntos; 4. Xuvenil B (un partido máis), 30 puntos; 5. Racing de Ferrol (un partido máis), 28 puntos...

Categoría cadete
15ª xornada: CADETE A 7 (Mario -2-, Juanma, Peke, Portas e Iván -2-) - BERTAMIRÁNS 0
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 43 puntos; 2. Cadete A, 36 puntos; 3. Calasanz, 27 puntos...

15ª xornada: CONXO 0 - CADETE B 3 (Xavi e Hugo -2-)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: ... 3. Xuventude de Oroso (un partido menos), 32 puntos; 5. Cadete B e Lugo B, 27 puntos; 5. Viveiro A (un partido menos), 25 puntos...

Categoría benxamín
9ª e última xornada: SAN TIRSO A 2 - BENXAMÍN A 9 (Janusz -2-, Diego -2-, Anxo, Raúl, Eder, Guille e Leandro)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º: 1. Benxamín A (un partido máis), 25 puntos; 2. Calasanz A, 19 puntos...

9ª xornada: BENXAMÍN B 7 (Ioan -3-, Nico, Gael, Mauro e Paulo) - SPORTING BURGO B 3
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 24 puntos; 2. Victoria C, 19 puntos; 3. Sporting Burgo B, 15 puntos...