RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Poroto Lux: "Fixemos unha mala temporada"

Poroto Lux compareceu esta mañá na sala de prensa de Riazor ante os medios informativos.

Baixa este sábado ante a UD Las Palmas por acumulación de amoestacións, tras o cartón amarelo que viu o pasado domingo en Vilarreal, a meta arxentino fixo balance da temporada: "Fixemos unha temporada moi irregular, complicada. Esgotamos á nosa xente, tamén na agonía do final".

Lembrou unha serie de momentos, como "a marcha de Lucas, que foi onde empezou isto, ata o cambio de xogadores no mercado, de adestradores, malos momentos, xeiras moi negativas. Fixemos unha mala temporada. As expectativas ao principio eran outras e non as cumprimos. Cada un ten que facer a súa autocrítica, que fixo ben, que fixo mal, en que fallou, en que puido mellorar ou achegar máis tanto nós os xogadores, como o corpo técnico, como tamén o Club".

Está convencido que o Deportivo "manténdose en Primeira nalgún momento virá ese ano onde as cousas saian á perfección, onde todo encaixe, poder facer unha boa temporada e o Club siga crecendo".

Opina Lux que o Dépor "arrastra débeda, e aos poucos se o equipo mantense en Primeira, as cousas van ir saíndo mellor", engade.

Non cre o internacional arxentino que sexa un problema de amor propio: "A min nunca me faltou amor propio. Podo responder por min e polos meus compañeiros. Tivemos momentos de debilidade, erros individuais que custaron moitos puntos. Psicoloxicamente aí un baixa un pouco o pistón. Ao longo da temporada pasaron moitas cousas".

Sobre o seu futuro, Lux asegura non saber "nada". "Centreime ata o final. Lamentablemente non podo xogar o último partido en Riazor, que é a fin de semana por acumulación de cartóns. Sempre hai que pensar no colectivo. Hai que pensar en que o Dépor poida empezar a planificar, a xerar outra vez ilusión porque o desgaste esta temporada foi maior", comentou.

Insiste en que a estas alturas "non teño ningunha oferta. Non hai ningunha novidade. Hai que esperar. Fai seis temporadas que estou acá, estou ben, quero seguir. Isto depende de dúas partes, que se poñan de acordo se queren. Coñécenme ben, son un dos capitáns, un dos referentes dentro do vestiario, do Club, porque sempre que cheguei brindeime ao máximo por este escudo, e vou seguir facéndoo mentres estea. Veremos que pasa máis adiante".