RCD / NOVAS

Portugal preconvoca a Bruno Gama, André, Pizzi e Nelson Oliveira

A Selección de Portugal comunicó esta tarde ao Real Club Deportivo a preconvocatoria de catro deportivistas: Bruno Gama, André Santos, Pizzi e Nelson Oliveira, para dous partidos clasificatorios para o Mundial 2014. Serán en Luxemburgo (venres 7 de setembro ás 20.45 no Estadio Josy Barthel) e en Braga ante Azerbaiján (martes 11 de setembro ás 20.15, hora portuguesa).

22/08/2012 21:43

A lista definitiva de Paulo Bento será definitiva o próximo 31 de agosto. Os futbolistas citados terán que presentarse o luns 3 de setembro na localidade lusa de Obidos.

Na última preconvocatoria, para o amigable ante Panamá disputado a pasada semana, estiveron André Santos, Pizzi e Nelson Oliveira. Na convocatoria final entraron André Santos e Nelson, quen ademais marcou un golazo ante o combinado centroamericano.

Máis novas de: BRUNO GAMA, ANDRÉ SANTOS, PIZZI, NELSON OLIVEIRA