O Cadete B dobregou a domicilio ao Viveiro CF (1-3), líder do subgrupo A norte da Liga Galega, en partido correspondente á 9ª xornada.
Álex Delgado e Bruno -2- foron os goleadores branquiazuis no campo Municipal Marcos Gómez.
Con este resultado, o Cadete B é segundo na táboa con 16 puntos e un partido menos que o Viveiro CF, que segue líder con 18 puntos.
Cadete B: Unai, Noah, Martín Pérez, Adrián, Monteagudo, David Carballo, Álvaro Mardones, Noé, David Domínguez, Samuel e Álex Delgado. Tamén xogaron: Memet, Javi Casanova, Héctor e Bruno.
En quince días, o Cadete B recibe en Abegondo ao SCD Milagrosa.
Os resultados do Cadete B neste subgrupo son os seguintes:
Cadete B 2 (Óscar e Javi Casanova) - CD Lugo B 3 SD Ribadeo 0 - Cadete B 5 (José Rey -2-, Marco Baña, David Domínguez e Álex Delgado) Cadete B 2 (Javi Casanova e Héctor Beade) - Viveiro CF 0 SCD Milagrosa 0 - Cadete B 7 (Antonio Souto, Noé, Héctor, Memet, Samuel, Álex Delgado e un futbolista rival en propia meta) CD Lugo B 2 - Cadete B 2 (Antonio Souto e Mardones) Cadete B 3 (Mardones, Memet e un futbolista rival en propia meta) - SD Ribadeo 2 Viveiro CF 1 - Cadete B 3 (Álex Delgado e Bruno -2-)