RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Presentación, charla e primeiro adestramento pasado por auga para Fabril e xuvenís

#ANOSACANTEIRA arrinca a pretemporada 2020-2021 baixo o protocolo Fisicovid-Dxtgalego realizado pola Federación Galega de Fútbol.

A chuviosa mañá en Abegondo arrincou cunha presentación na bancada da Cidade Deportiva para Fabril, Xuvenil A e Xuvenil B. Albert Gil, director de organización, e Fran, director da canteira, dirixíronse aos futbolistas, técnicos e empregados asignados a cada un dos equipos.

Após o pousado de rigor habitual en cada pretemporada para os gráficos, os equipos dirixíronse aos campos para realizar un primeiro adestramento que nestes primeiros días será sempre de maneira individual.

Nesta semana, os 3 equipos traballarán até o sábado incluído en horario matinal na Cidade Deportiva branquiazul.

Tal e como establece a Federación Galega, de momento non se poden realizar partidos amigables nin por suposto competicións, posto que non pode haber contacto físico entre os xogadores.