30/06/2021 18:00 |
RCD / NOVAS
Presentación do 'Premio a unha Estrela', en Riazor
Miguel Ángel Lotina e os capitáns do primeiro equipo (Manuel Pablo, Valerón, Sergio, Lopo e Bodipo), presentarán hoxe luns 3 de maio, ás 20.30 horas na sala de prensa do Estadio de Riazor, o "Premio a unha Estrela", galardón outorgado pola Federación de Peñas do Deportivo e que na presente edición recaerá en Manuel Pablo. A entrega realizarseá o próximo 11 de maio nos Salóns Pastoriza de Pastoriza (Arteixo) no transcurso da cea anual do deportivismo con todos os estamentos do Club (Consello de Administración, Corpo Técnico, persoal e afeccionados).

Precisamente, a Federación de Penas mantén aberto o prazo de inscrición para a dita cea. Para participar, as Penas federadas deben de ter a cota anual (30 euros) ao día de pago, mediante abono na conta da Federación: 20910058673000077832 especificando claramente o concepto. Unha vez realizado este trámite, os peñistas poden inscribirse para a cea ao prezo de 36 euros por persoa, da mesma forma, cun ingreso na anterior conta bancaria de Caixa Galicia.
Ese día 11 de maio os actos comezarán ás 20.30 cunha misa na Igrexa de Pastoriza en recordo de Carlos Huelín, Secretario da Pena Vos Raposos do Carballiño; e Antonio Pérez, Presidente da Pena Sarria; ambos recentemente falecidos. A continuación terá lugar a cea, amenizada polo Trío Albatros.