RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Presentación mañá mércores do Dépor ABANCA tralas probas médicas de hoxe en QuirónSalud de ABANCA-RIAZOR

O Deportivo ABANCA presentarase mañá mércores 28 de xullo ás 19:00 en Abegondo nun acto privado ao que asistirán o Presidente do Club Antonio Couceiro e a Conselleira Emma Lustres.

A continuación, o cadro adestrarase por primeira vez no céspede da Cidade Deportiva, a porta pechada, cun corpo técnico que quedará perfilado nas próximas horas.

Será o xoves 29, en horario por confirmar, cando o Dépor ABANCA realizará o tradicional posado ante os medios de comunicación, habitual en cada equipo do Club ao iniciar a pretemporada.

Hoxe martes, o cadro deportivista someteuse a probas médicas no Centro QuirónSalud de ABANCA-RIAZOR. Nestas probas, rutineiras cada verán (electrocardiograma, analítica...), uníronse nesta ocasión as correspondentes ao COVID-19.

Estaban citadas no Centro Médico QuirónSalud de ABANCA-RIAZOR as seguintes futbolistas:

-Porteiras: Ana Valles e María Sampalo

-Defensas: Cris Martínez, Patri López, Andrea Sierra, Inés Altamira, Goretti Neira, Raquel García e María Figueroa

-Centrocampistas: Alba Merino, Eva Dios, Paula Gutiérrez, Alejandra Serrano, Paula Monteagudo (procedente do Sárdoma CF), Carlota Sánchez e Jone Ibáñez

-Dianteiras: Ainhoa Marín, Laura Fernández, Tatiana García 'Tati', Noela Sánchez (procedente do Victoria FC), Aroa Guerra e María Ruiz

O Deportivo ABANCA comezará a temporada en Reto Iberdrola ou Segunda División RFEF a fin de semana do 4 e 5 de setembro en Abegondo ante o FC Barcelona B.