RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Presentado o Dépor Campus Cabreiroá Boiro 2020

Boiro acolleu a presentación do Dépor Campus Cabreiroá de verán que realizará a localidade do Barbanza na terceira semana de xullo de 2020. 

O acto tivo lugar no propio concello, coa presenza de Marcos Fajardo, concelleiro de deportes, Luis Ruiz, tenente alcalde, Xullo García e Antonio Martinez, directivos das EFM Boiro, Juanvi, coordinador das escolas e Pablo Barros, coordinador das actividades formativas da Fundación Real Club Deportivo.

Os días de actividade serán do 20 ao 24 de xullo, para nenas e nenos entre os 6 e os 14 anos e as inscricións xa se atopan abertas en deporcampus.rcdeportivo.es  até o mediodía do xoves 16 de xullo. Nesa mesma dirección atópase toda a información relativa ao Dépor Campus Cabreiroá de Boiro 2020.