RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Presentado o Dépor Campus Cabreiroá Oroso de Nadal

O Concello de Oroso acolleu este mediodía a presentación do Dépor Campus Cabreiroá de Nadal que acollerá a localidade coruñesa na penúltima semana de 2019.

O acto tivo lugar no Concello de Oroso coa presenza do alcalde, Manuel Mirás, Antonio Leira, concelleiro de Deportes, José Ferro, presidente do ED Xuventude Oroso, Alberto Méndez, conselleiro do Real Club Deportivo, Manuel Pablo, exjugador do Dépor e Pablo Barros, coordinador das actividades formativas da Fundación Real Club Deportivo.

Os días de actividade serán o 23, 26 e 27 de decembro para nenas e nenos entre os 6 e os 14 anos e as inscricións xa se atopan abertas en deporcampus.rcdeportivo.es até o mediodía do próximo xoves 19 de decembro. Nesa mesma dirección atópase toda a información relativa ao Dépor Campus Cabreiroá de Nadal 2019 en Oroso.