RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Presentado o libro do Concello sobre o 75 aniversario do Trofeo Teresa Herrera de fútbol

A sala de prensa Juanjo Gallo, na sede da Deputación Provincial da Coruña, acolleu a presentación do libro conmemorativo dos 75 anos do Trofeo Teresa Herrera. Promovido polo Concello da Coruña a través da súa Concellaría de Deportes, recolle ao longo das súas máis de 350 páxinas as fotos, datos, curiosidades e artigos de opinión actuaís de xornalistas, artistas e deportistas sobre estes tres cuartos de século do decano dos trofeos amigables do fútbol mundial.

Impreso pola Deputación da Coruña, a esta xoia da historia do deporte e a sociedade coruñesas só fáltalle o capítulo que se escribirá o domingo cando se dispute, por septuaxésimo quinto ano consecutivo no Estadio de Riazor, como cada ano desde a súa construción, o trofeo benéfico e futbolístico con máis soleira.