RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Presentado o partido benéfico contra o cancro en Ponteceso cos veteranos do Dépor

O Estadio ABANCA-RIAZOR acolleu esta tarde a presentación do partido e a camiseta coa que xogarán as vellas glorias do Puenteceso SD contra os Veteranos do Real Club Deportivo e que disputarán este sábado ás 12:00 horas con motivo da inauguración do remodelado campo do Pinguel.

A entrada terá un valor de 3 euros e toda a recadación irá destinado á Asociación Española Contra o Cancro.

A Fundación Real Club Deportivo colabora e apoia esta acción mediante o convenio que ten subscrito coa Asociación de Veteranos do Dépor, hoxe representada por Dani Mallo. Xunto a el, Salvador Eiroa Pérez, concelleiro do medio rural e Raquel Fondo Pérez, concelleira de Deportes e Turismo de Ponteceso; Guillermina Rodríguez, vicetesorera da Xunta Provincial da AECC; Julia Branco Fondo, presidenta da Delegación Cabana de Bergantiños da AECC e Mariña Beizana Rioboó, secretaria da Delegación Cabana de Bergantiños da AECC.