RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Presenza exitosa de #ANOSACANTEIRA en Francia, Suíza, Ribadumia, Pontevedra e Boiro

Intensa fin de semana para #ANOSACANTEIRA en Europa e varios torneos de Galicia.

Dous equipos infantís, adiante en Francia

Os infantís do Deportivo avanzan á Fase Final nos dous torneos en Francia: o Torneo Internacional de Guerledan, en Pays de Pontivy, e o trofeo organizado polo ASC Hazebrouck na localidade de Hazebrouck.

No primeiro deles (o equipo na foto que abre esta nota), o calendario deportivista, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 15 de xuño
Primeira Fase
DEPORTIVO 0 - FC GOBELINS PARIS 0
US TREGUNC 0 - DEPORTIVO 3 (Zoe, Diego e Oreiro)
DEPORTIVO 3 (Dani, Pablo Parada e Samuel) - FC KLEG 0
ST LAURENT MALVENT 0 - DEPORTIVO 4 (Jorge -2-, Guerrero e Diego)
TOULOUSE GAILLARD 0 - DEPORTIVO 0
DEPORTIVO 3 (Jorge -2- e Óscar) - US ANNEMASSE GAILLARD 0

Domingo 16 de xuño
Tropheo Prestige
8:30: DEPORTIVO - CAEN MALADRERIE

Pola súa banda, no torneo do club ASC Hazebrouck, o Dépor disputa mañá os cuartos de final, após superar hoxe sábado a Primeira Fase.

O calendario do Dépor, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 15 de xuño
Primeira Fase
DEPORTIVO 10 (Juan Barros, Úbeda, Carballo, Héctor, Memet, Iraitz Casal, Adrián Almón -2- e Pablo Seco -2-) - ASC HAZEBROUCK '2' 0
DEPORTIVO 4 (Úbeda, Iraitz Casal, Adrián Almón e Pablo Seco) - OC ROUBAIX 0
DEPORTIVO 11 (Juan Barros, Héctor -3-, Pablo Seco -4- e Adrián Almón -3-) - LA CAMILLIENNE 0

Domingo 16 de xuño
Cuartos de final
9:30: DEPORTIVO - ANTILLAIS PARIS FC

Un equipo benjamín xoga mañá a semifinal do torneo Cidade de Pontevedra

Un equipo benjamín representa ao RC Deportivo na 21ª edición do Torneo Cidade de Pontevedra, competición organizada polo EF Portero 2000 no complexo da Xunqueira durante a fin de semana.

O conxunto deportivista superou dúas fases e xa está en semifinais. O seu rival será o RC Celta mañá domingo.

O calendario do equipo branquiazul, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 15 de xuño
Primeira Fase
DEPORTIVO 1 (Yago Trigo) - SPORTING DE GIJÓN 1
DEPORTIVO 4 (Ioan -2-, Íker e Mario) - BERTAMIRÁNS FC 1
DEPORTIVO 3 (Ioan, Mario e Yago Trigo) - CRISTO DE LA VICTORIA SD 0

Fase Final polo Título
DEPORTIVO 1 (Yago Trigo) - PABELLÓN OURENSE 0
DEPORTIVO 7 (Yago Trigo -3-, Mario, Íker -2- e Nico) - AROSA SC 0

Domingo 16 de xuño
Semifinal
11:30: DEPORTIVO - RC CELTA

O Alevín B, na Fase Final da Meyrin Cup 2019

O Alevín B participa esta fin de semana en Xenebra (Suíza) na Meyrin Cup 2019.

O conxunto deportivista xoga mañá a Fase Final, suspendida hoxe pola tarde por unha forte tormenta. O primeiro rival será ás 9:00 o Sporting Club de Portugal.

O calendario do Alevín B, cos resultados dos partidos xa xogados:

Sábado 15 de xuño
Primeira Fase
ALEVÍN B 2 (Anxo e Yago) - SERVETTE FC 0
ALEVÍN B 5 (Raúl -3-, Xabi e Balbas) - DONZELLE FC 0
XAMAX 1912 0 - ALEVÍN B 3 (Anxo -2- e Nico Ruiz)
ALEVÍN B 5 (Xabi, Anxo, Pablo, Balbas e Yago) - BEAUMONT COLLONGES 1
ALEVÍN B 2 (Raúl -2-) - MEYRIN FC 0

Fase Final
ALEVÍN B 1 (Anxo) - VILLEURBANNE UNITED FC 0

Domingo 16 de xuño
9:00: ALEVÍN B - SPORTING CLUB DE PORTUGAL

Pleno de vitorias do Benxamín A na Copa Ribadumia

O Benxamín A afronta un interesante test coa 1ª edición da Copa Ribadumia Clae Viajes, que se xoga no campo da Senra.

O conxunto deportivista ten como primeiros rivais ao Outes FC, AD Alhóndiga, Club Polideportivo Lucense, Celta Brașov e o CD Talento, Actitud y Esfuerzo. Até o momento, pleno de triunfos nesta primeira xornada.

O calendario de partidos da Primeira Fase, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 15 de xuño
BENXAMÍN A 7 (Uxío -2-, Pablo Ronquete -2-, Paulo -2- e Xoel) - OUTES FC 0
BENXAMÍN A 2 (Pablo Ronquete e Paulo) - AD ALHÓNDIGA 1
BENXAMÍN A 2 (Pablo Taboada e Pablo Ronquete) - CP LUCENSE 0
BENXAMÍN A 4 (Pablo Ronquete -2- e Paulo -2-) - CELTA BRASOV 0

Domingo 16 de xuño
9:00: BENXAMÍN A - CD TALENTO, ACTITUD Y ESFUERZO (campo 1 sintético)

Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que comezan ás 10:30; e o 3º disputará unha Fase de Consolación, a partir das 11:35 horas.

O Benxamín B quedou a un paso das semifinais do Trofeo Concello de Boiro

O Benxamín B, do mesmo xeito que o Alevín A, representou ao Dépor na 13ª edición do Trofeo Concello de Boiro, que se celebrou nesta ocasión en categoría benxamín hoxe sábado 15 de xuño.

O conxunto deportivista superou a Primeira Fase pero caeu en cuartos de final co CD Conxo Santiago.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

Primeira Fase
BENXAMÍN B 3 (Javi, José Quiroga e Rodrigo) - EF LALÍN 0
SALGUEIRIÑOS CF 0 - BENXAMÍN B 1 (Martín Forján)
BENXAMÍN B 3 (Rodrigo, Hugo e Martín Forján) - CALDAS CF 0

Oitavos de final
BENXAMÍN B 3 (Hugo -2- e Pablo Vara) - VICTORIA FC 1

Cuartos de final
BENXAMÍN B 0 - CD CONXO SANTIAGO 2

Dobre cita para o Alevín A: o pasado martes 11 en Abegondo e mañá domingo 16 en Boiro

O Alevín A ten dobre cita esta semana. En primeiro lugar, o pasado martes 11 de xuño o equipo deportivista disputou un amigable en Abegondo ante o conxunto do AFA Angola. O resultado favoreceu aos africanos (4-5), despois dun entretido encontro. Jacobo, Rubén, David e Íker foron os goleadores branquiazuis.

E mañá domingo 16, o Alevín A compite na 13ª edición do Trofeo Concello de Boiro, que se celebra no campo de fútbol de Vista Alegre.

O conxunto que dirixe Roberto Veres quedou encadrado no grupo A, co Sálvora CF, Cristo de la Victoria SD e o Amio SD B.

O calendario inicial é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: ALEVÍN A - CRISTO DE LA VICTORIA SD (campo 1A)
12:20: ALEVÍN A - AMIO SD B (campo 2A)
15:15: SÁLVORA CF - ALEVÍN A (campo 1B)

Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que comezan ás 17:35 horas.