RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Presenza tamén de #ANOSACANTEIRA nas seleccións españolas femininas coa citación da orzanista Abril Pazos

Non só #ANOSACANTEIRA masculina ten presenza nas categorías inferiores da selección española, por exemplo Noel, Trilli, Dani Barcia e Mella nos combinados sub-19 e sub-17 esta mesma semana.

A eles súmase a citación de futbolistas do Deportivo ABANCA ou do Deportivo ABANCA B, caso de Carlota Sánchez e Paula Novo; e agora de Abril Pazos, xogadora do Orzán SD Xuvenil Feminino que milita na Primeira División Galega.

A futbolista orzanista acaba de ser convocada para uns adestramentos coa selección española sub-15 na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) do luns 24 ao mércores 26 de xaneiro.

Así pois, #ANOSACANTEIRA segue exportando talento ás seleccións nacionais.