RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Prestixioso triunfo do Alevín B no primeiro partido do Media Gol Cup 2018 en Cornellá

Foto: - @mediacupalevin -

O Alevín B do Dépor participa no IX Torneo Internacional Media Gol Cup 2018, que se xoga no Nou Municipal de Cornellá (Barcelona) desde hoxe venres 14 ao domingo 16 de decembro.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo 1, co Real Madrid CF, Girona FC, Kawasaki Frontale (Xapón) e o Gimnàstic Manresa.

No debut, o conxunto de Luis Pastur dobregou ao Real Madrid (1-0), con gol de Rubén.

O calendario de partidos do Alevín B, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 14 de decembro
REAL MADRID CF 0 - ALEVÍN B 1 (Rubén)

Sábado 15 de decembro
11:00: ALEVÍN B - GIMNÀSTIC MANRESA (campo 3)
14:30: XIRONA FC - ALEVÍN B (campo 2)
18:00: ALEVÍN B - KAWASAKI FRONTALE (campo 2)

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrincan ás 20:30 horas do venres 15. Os outros 3 equipos xogarán unha Fase de Consolación para ditaminar a súa posición final no torneo, o venres 15 pero a partir das 18:30 horas.

Por este motivo, o partido da Segunda Comarcal A Coruña entre o Orillamar SD B e o Alevín B, correspondente á 7ª xornada, trasládase do sábado 15 de decembro ao martes 18 de decembro ás 19:00 horas en Abegondo.

O Alevín A arrinca mañá a Fritz Eckhardt Weichnachtscup 2018

O Alevín A participará na localidade de Schwelm (Alemaña) mañá sábado e domingo na Fritz Eckhardt Weichnachtscup 2018.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase con estes equipos: Altinordu FK (Turquía), KAS Eupen (Bélxica) e os conxuntos alemáns Hertha BSC, FC Köln, VfL Bochum e Wuppertaler SV.

O calendario de partidos do Alevín A de Roberto Veres é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 15 de decembro
13:45: ALEVÍN A - WUPPERTALER SV
14:30: VfL BOCHUM - ALEVÍN A
15:30: FC KÖLN - ALEVÍN A
16:15: ALEVÍN A - KAS EUPEN
17:15: HERTHA BSC - ALEVÍN A
18:00: ALEVÍN A - ALTINORDU FK

A partir de aí, segundo clasificación, os equipos pasan a unha Segunda Fase.

Por este motivo, o partido da Primeira Comarcal A Coruña entre o CD Calasanz A e o Alevín A, correspondente á 10ª xornada, trasládase ao sábado 22 ás 13:00 horas, en escenario por fixar.