RCD / NOVAS

Primeira cita de María Méndez con España sub-19 ante Italia, mañá domingo en Murcia

31/08/2019 18:40

A xogadora do Deportivo ABANCA María Méndez foi convocada pola selección española sub-19 para dous partidos amigables ante Italia.

O primeiro deles será mañá domingo 1 a partir das 19:30 horas. O martes 3 de setembro (10:30 horas) será o segundo, que servirá de punto e final a esta concentración.

Ambos os encontros dispútanse nas instalacións do Pinatar Arena Football en San Pedro de Pinatar (Murcia).

Por este motivo, a futbolista branquiazul causou baixa no último test de pretemporada do Deportivo ABANCA, hoxe sábado 31 de agosto en Portugal ante o SC Braga, campión luso.

María Méndez, xunto a Teresa Abelleira e Athenea, acaba de disputar con España o último campionato de Europa en Escocia, no que as españolas caeron en semifinais ante Francia.