RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Primeira derrota en liga para o Fabril ao caer en Santiago ante o Compos

O Fabril cultivou esta tarde en San Lázaro ante a SD Compostela, un dos candidatos ao título ligueiro, a primeira derrota en liga (2-0).

O encontro estivo igualado e rompeu no minuto 69 co tanto do local Brais Abelenda. A sentenza chegou no desconto, co Fabril en busca da igualada.

A pesar deste resultado, o filial deportivista suma 8 puntos e continúa na cuarta praza, é dicir, en postos de play off de ascenso.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Bourdal, Mujaid, Martí Vilà, Gandoy, Kanoute, David Sánchez, Villares, Pedro e Mario Losada. Tamén xogaron: Aarón Sánchez, Jawed Boumeddane e Manu Mosquera.

O vindeiro domingo 29 ás 12:00, o Fabril recibe en Abegondo ao CD Barco.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0