RCD / NOVAS

O balón tamén foi protagonista na sesión vespertina do Deportivo

11/07/2018 20:59

O balón tamén foi o protagonista na sesión vespertina do Deportivo, que arrancou ás 18:30 horas no campo 3 da cidade deportiva.

Tras un quecemento, os 21 futbolistas citados realizaron uns rondos e unha tarefa de posesión; cos 3 porteiros mentres ás ordes do técnico Yván Castillo.

Unhas series de potencia aeróbica para os futbolistas de campo puxeron o punto e final ao primeiro día de pretemporada.

O único contratempo da tarde foi un golpe nun xeonllo que obrigou a Guilherme a retirarse antes aos vestiarios.

Mañá xoves haberá unha única sesión, a partir das 10:30 horas en Abegondo. Antes, ás 10:00 horas, terá lugar a presentación de Pablo Marí como novo xogador do RC Deportivo. Será na sala de prensa, coa presenza do Director Deportivo, Carmelo del Pozo.

Primeira mañá de traballo para o Dépor de Natxo González

Despois de dous días de probas médicas e físicas, ás 10:44 de hoxe mércores 11 de xullo arrincou a pretemporada en Abegondo o Deportivo 2018-2019.

Os 24 futbolistas ás ordes de Natxo González, no campo 2, iniciaron o traballo cun quecemento e uns rondos. A continuación, mentres os porteiros puxéronse ás ordes do preparador de porteiros Yván Castillo, os xogadores de campo realizaron varias tarefas de posesión.

A mañá iniciouse ás 099:30, cun almorzo, e finalizou ás 12:30 cunha comida para xogadores e técnicos no novo comedor da cidade deportiva.

Pola tarde está planificada unha nova sesión de adestramento, a partir das 18:30 en Abegondo.

RCD / PLAN SEMANAL

17 SET

Luns 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

18 SET

Martes 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

19 SET

Mércores 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

21 SET

Venres 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

22 SET

Sábado 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

23 SET

Domingo 11:00 ABANCA-RIAZOR

Adestramento

Porta pechada