RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Primeira vitoria do Dépor ABANCA B nesta pretemporada, en Gondomar ante o Lóstrego CF

O Deportivo ABANCA B estreouse en pretemporada cunha vitoria (1-3) na súa visita ao Lóstrego CF de Gondomar, equipo que milita na Primeira Autonómica Feminina. 

Elena López 'Cusi', futbolista procedente do Sporting de Gijón, Uxía Cabada e Valeria, xuvenil que milita no Orzán SD, foron as goleadoras deportivistas.

Foron o primeiros noventa minutos para as pupilas de Kevin Cabado este verán, posto que o partido amigable ante o UD Mos, previsto para o pasado xoves 12 de agosto no campo das Baloutas, e que se ía xogar finalmente o xoves 19, foi suspendido de novo por un positivo de COVID-19 no equipo pontevedrés.

A expedición do Dépor ABANCA B estaba xa en Mos e viuse obrigada a regresar á Coruña sen poder disputar o que sería o seu primeiro test do verán.

Deportivo ABANCA B: Martina, Eva Santamaría, Aroa González, María Calvo, Uxía Cabada, Marta Rico, Carmen, Paula Monteagudo, Laura Testa, Elena López 'Cusi' e Noela. Tamén xogaron: Nuria Gómez, Iria Otero, Laura Otero, Valeria Filgueira, Laura Deus e Daniela Agilda.

A seguinte cita para o Dépor ABANCA B este verán será o Memorial Faraldo, o domingo 29 de agosto ás 12:30, con rival aínda por determinar.