RCD / NOVAS

Primeiras dúas citas de pretemporada para o Fabril

10/07/2019 12:14

O Fabril ten confirmadas as súas dúas primeiras citas da pretemporada.

A primeira delas será o mércores 24 de xullo en Abegondo ante o primeiro equipo deportivista; do mesmo xeito que sucedeu o verán pasado.

A segunda cita será o sábado 27 de xullo cun torneo baixo a modalidade de 'tres nun' no campo de O Buelo en Moraña co Pontevedra CF e RC Celta B como rivais.

Os pupilos de Luisito arrincarán os adestramentos o luns 15 de xullo ás 10:30 en Abegondo.