RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quique González estréase en Abegondo

Quique González estreouse esta tarde como novo xogador do RC Deportivo, despois de superar as probas médicas esta mañá no Hospital HM Modelo da Coruña.

O novo dianteiro deportivista arrincou ademais a súa etapa como branquiazul cun exercicio de finalizacións e movementos ofensivos, xunto a Fede Cartabia e Christian Santos.

A continuación, Natxo González dispuxo unha tarefa táctica no campo 2 e, para concluír, houbo series de potencia aeróbica dirixidos polos preparadores fisicos Julio Hernando e José Ángel Franganillo.

Non estivo esta tarde Diego Rolan, con permiso do Club; nin Celso Borges.

Traballaron á marxe do grupo Borja Vale, Gerard Valentín, Dubarbier, Bicho, Álex Cobo e Carlos López. Francis estivo ás ordes do readaptador Fran Molano.

Primeiro adestramento co Dépor de Schär e Krohn-Dehli após o Mundial de Rusia

Dous do tres internacionais citados para hoxe, Fabian Schär e Michael Krohn-Dehli, foron as novidades no regreso aos adestramentos do Dépor en Abegondo. O terceiro, Celso Borges, non acudiu esta mañá á Cidade Deportiva.

Tanto o central suízo como o centrocampista danés, presentes no último Mundial de Rusia, realizaron unha parte da sesión, que transcorreu ademais baixo unha intensa calor. Tamén estivo Sidnei ás ordes de Natxo González.

Adestráronse á marxe do grupo Borja Valle, cunha fascitis plantar; Gerard Valentín, con molestias nos isquiotibiais; Bicho, con molestias nun cuádriceps pendente de avaliación médica; e Dubarbier, cunha contusión nun xeonllo sufrido o pasado sábado no amigable ante o Fabril. Ademais, Carlos López adestrouse co readaptador, Fran Molano.

Esta mañá, após un quecemento, os futbolistas realizaron un circuíto físico con entradas por banda finalizacións, uns rondos e un exercicio de posesión.

Pola tarde, o primeiro equipo volve ao traballo ás 18:30 horas. Estará tamén Quique González. O dianteiro superou hoxe pola mañá o recoñecemento médico no Hospital HM Modelo e xa comeu cos seus novos compañeiros no comedor habilitado para tal fin na Cidade Deportiva.