RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiro adestramento de Alberto Benito após completar en QuirónSalud A Coruña as probas médicas

O último reforzo do RC Deportivo, Alberto Benito, completou con normalidade o seu primeiro adestramento en Abegondo.

O defensor catalán pasou as últimas probas médicas á primeira hora da mañá e acto seguido púxose ás ordes de Borja Jiménez na única sesión prevista para hoxe martes.

Após un quecemento con roda de pases e disparos a porterías pequenas, o técnico deportivista dividiu ao seu cadro en dous grupos: mentres un completaba un exercicio de finalizacións no campo 4, o outro tiña unha tarefa de posesión en espazo reducido.

Un último traballo táctico puxo o punto e final ao adestramento sobre o céspede.

Gandoy retirouse antes de tempo cunhas molestias nun xeonllo e Héctor realizou no ximnasio a última parte da mañá, neste caso tal e como estaba previsto polos Servizos Médicos.

Rolan e Fede Cartabia teñen permiso; e Celso Borges está concentrado coa súa selección na Copa de Ouro da CONCACAF, á espera de disputar o seu terceiro partido ante Xamaica hoxe martes (madrugada de mañá mércores en España). Os dous futbolistas con adestramento específico hoxe foron Pablo Brea e Uche. Ambos exercitáronse no ximnasio ás ordes do readaptador do primeiro equipo Álex Canosa.

Pola súa banda, Valín e Josep Calavera permanecen nos seus respectivos domicilios con traballo individualizado ata que ditaminen os Servizos Médicos.

Iván Guerrero, Juan Rodríguez, Yeremay, Trilli, Brais Suárez, Noel, Guille Bueno e Hugo Ríos son a representación de #ANOSACANTEIRA no primeiro equipo.

Mañá mércores volve haber dobre quenda de adestramento, ás 10:30 e ás 19:00 horas.