O centrocampista naronés aínda non dispón da alta médica, á espera de comprobar a súa evolución durante as próximas sesións de traballo.
O adestro de hoxe consistiu en quecemento, traballo físico, exercicio de posesión e táctico. A mañá arrincou cunha sesión de vídeo de algo máis dunha hora de duración.
Mañá mércores, o persoal está citada ás 10.30 en Abegondo.
O plan de adestramentos semanal, sempre susceptible de variación por cuestións técnicas, é o seguinte:
Mércores 13 de maio
10.30: Adestramento en Abegondo
Xoves 14 de maio
17.30: Adestramento en Abegondo
Venres 15 de maio
10.30: Adestramento en Abegondo
Sábado 16 de maio
10.30: Adestramento en Riazor a porta pechada