RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiro adestramento de Nolaskoain, esta mañá en Abegondo

Peru Nolaskoain, última incorporación do RC Deportivo, realizou esta mañá o primeiro adestramento en Abegondo, cos seus novos compañeiros.

Foi unha sesión suave, de recuperación tralo Trofeo Teresa Herrera disputado o pasado sábado en ABANCA-RIAZOR. Consistiu nun traballo físico preventivo e fútbol-tenis para os que xogaron máis minutos contra o Betis e contra o Galicia de Mugardos, caso dos fabrilistas. O resto do cadro completou a mañá cunha tarefa de finalizacións.

Borja Valle e Koke Vegas non chegaron a saltar ao terreo de xogo e quedaron realizando tarefas de recuperación no vestiario.

A mañá arrancou na sala de vídeo e concluíu a xornada cun asado para futbolistas, técnicos e persoal da Cidade Deportiva.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o mércores 14 de agosto ás 10:00 horas en Abegondo.