RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiro adestramento de pretemporada, con traballo físico sen balón

O Deportivo 2017-18 realizou esta tarde na Cidade Deportiva de Abegondo o primeiro adestramento desta pretemporada.

Acompañado por unha trintena de afeccionados desde a bancada principal do complexo branquiazul, ás sete en punto os futbolistas saltaron ao céspede do campo 2 con zapatillas de deporte.

Alí agardábanlles Pepe Mel e o seu equipo técnico, para realizar unha sesión física e sen balón polo medio. Unicamente o catro porteiros (Tytoń, Rubén, Chema e Francis) realizaron un traballo específico con balón e botas, baixo a supervisión de Manu Sotelo.

Houbo unha primeira parte de mobilidade e, a continuación, series de carreira. O adestramento, duns 70 minutos de duración, finalizou cuns estiramentos.

Mañá xoves 6 de xullo haberá dobre quenda (9:30 e 19:00 horas). Ao mediodía, ás 13:30 horas, os futbolistas comerán xuntos no Hotel Tryp Coruña, circunstancia que será habitual durante esta pretemporada.